O pasado 24 de febreiro produciuse un incendio, que moveu ao concello a apremiar o inicio das obras de mellora no edificio.
O técnico responsábel do departamento de Rehabilitación do Concello de Ourense, José Javier Rivera Martínez, emitiu un informe no que determina as obras necesarias para preservar a seguridade e a conservación do Claustro de San Francisco mentres non se renovan os traballos para a rehabilitación do complexo, previstas para abril. Segundo informa este luns La Región, a raíz do incendio que tivo lugar o pasado 24 de febreiro, a Tenencia de Alcaldía encargaron este informe para paliar o intenso deterioro tanto do Claustro como das obras xa executadas, así como para eliminar o material de construción apilado.
Os traballos deben ser iniciados de inmediato, co obxecto de "preservar a seguridade das persoas e a conservación do Claustro", monumento declarado Ben de Interese Cultural en 1928. Se o Ministerio de Cultura, promotor das obras, non executa as obras nas vindeiras semanas, o Concello de Ourense podería decidir a súa execución subsidiaria ou mesmo impoñer multas de entre 300 e 6.000 euros, que mesmo poderían reiterarse no futuro se o Miisterio continúa negándose a realizar os traballos.