Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TENTARÁ REDUCIR O EFECTO 'SMOG'

Washington endurece as súas normas sobre contaminación atmosférica

A administración Bush anunciou este mércores 12 de marzo o primeiro endurecemento, desde 1997, das normas federais sobre contaminación do aire

Redacción - 13:43 13/03/2008

Estas normas fixan para todos os Estados e condados americanos o volume máximo de óxido nitroso e doutros compoñentes químicos que poden emitir os automóbiles, as fábricas e as centrais eléctricas.

As novas normas fixan en 75 partes por millón en volume (PPM) o contido máximo autorizado do ozono no aire, contra 80 partes desde 1997. Cen PPBV corresponden a unha molécula de ozono por dez millóns doutras moléculas presentes. Trátase das normas de ozono "máis estritas" nunca adoptadas, salientou nunha roda de prensa o director da Axencia federal de protección do medio ambiente (EPA), Stephen Johnson.

Serán determinantes para a calidade do aire que respiran os Americanos e representan unha das decisións máis importantes no referente a medio ambiente tomadas por Bush no seu último ano como presidente.

O ozono é o resultado dunha reacción química que implica os raios do sol, a calor e outros axentes como o óxido nitroso. Mesturado coas finas partículas en suspensión na atmosfera, forma o smog, que cobre a miúdo os grandes centros urbanos como Londres ou Los Angeles. O smog irrita as vías respiratorias e pode ser perigoso para as persoas que sofren de doenzas cardiovasculares e pulmonares.

Reducir o contido autorizado de ozono a 75 PPM podería traducirse ao ano nunha diminución de 900 a 1.100 mortes prematuras, así como nunha redución de 1.400 ataques ao corazón non mortais, segundo as estimacións da EPA. Esta nova norma debería tamén permitir reducir o número das hospitalizacións a 5.500 por ano.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: