Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Con moitos protagonistas galegos

Verducido acolle as probas para o Europeo de piragüismo

Na pista pontevedresa hanse realizar os controis selectivos dos piragüistas da selección estatal, para os campionatos de Milán, clasificatorio para Beixín 2008.

Redacción - 13:06 12/03/2008
Ana Varela á a única muller que busca clasificación en Verducido

Ana Varela á a única muller que busca clasificación en Verducido

A pista de Verducido, que o ano pasado foi sede dos Europeos, este ano vai acoller as probas de control, das que sairán os palistas da selección española que han participar no vindeiro Campionato Europeo, a desenvolver en Milán do 15 ao 18 de maio.

O control selectivo hase desenvolver entre o día 15 e o 16 deste mes, e nel foron admitidos 16 kaiakistas (deles 8 xa foron admitidos nas categorías de K-1 500 e K-1.000 metros, polo que xa non van estar en Verducido), 9 canoístas e só unha muller, a galega Ana Varela, do Kayak Tudense (a proba de Varela realízase é a de K-1.500 metros, que será valorado polo director técnico do equipo estatal feminino).

Do Kayak Tudense tamén son os mozos Iván Alonso, Roberto Rodríguez Lechuga, Diego Piña e Víctor Rodríguez, que forman a tripulación dun dos dous K-4 que debe pasar esta proba. A outra tripulación, a súa principal rival, está formada por Saúl Craviotto, Damián Vindel, Fran Llera e Carlos Pérez. Mais o duelo entre as dúas embarcacións tampouco se vai desenvolver en Verducido esta fin de semana.

Dous días de probas de actitude, forza, capacidade...
O programa previsto pola Federación Española de Piragüismo queda reducido a 5 saídas. O sábado 15 disputarase as probas na distancia de 1.000 metros. Ás 10:00 horas sairán os participantes en K-1 1.000 metros, listaxe formada polo zamorano do Iberdrola Caja España Zamora, Emilio Merchán; o vasco do Donostia Kayak, Ekaitz Saies; o galego do Kayak Tudense, Jovino Gonzalez; o catalán do Club Natació Banyotes, Albert Corominas; o galego do Club Xuvenil, Borja Prieto; os andaluces da Asociación Deportiva Pinatarense-Grupo Caliche, Manuel Muñoz e Pablo Baños; e o asturiano Emilio Llamedo do Piragüismo Astur.

Unha hora máis tarde será a quenda dos canoístas en embarcacións C-2, que son só catro, onde todos os deportistas admitidos son galegos: Jose Luis Bouza e Daniel Costa, do Kayak Tudense; David Mascato e Alfredo Bea do Breogán Outón Xunqueiriña; Jose Manuel Sanchez e Damián Ramos tamén do Breogán; e Miguel Rodríguez Galbán, do Piragüismo Rianxo, e André Oliveira, do Club Natación Pontecesures.

No día a seguir, o 16 de marzo, tamén ás 10:00 horas sairán os protagonistas do test de K-1 500 metros masculino e ás 11:00 horas sairá, en solitario, Ana Varela.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: