A atleta galega conseguiu o pasaporte en Toro (Zamora), na categoría xuvenil. Tamén houbo medallas para os atletas discapacitados intelectuais.
A atleta galega Leticia Fernández, do Ourense Academia Postal, conseguiu este domingo o cuarto posto na Campionato Estatal de Cross de seleccións, que se desenvolveu en Zamora. Este seu éxito garante a súa participación no Campionato do Mundo en xuvenís, que se ha disputar en abril na República Checa.
Éxitos tamén para os atletas con discapacidade
A selección galega na categoría de discapacitados intelectuais conseguiu tres medallas. Unha delas foi para Clara Maians Iglesias, que conseguiu o subcampionato estatal. O terceiro posto foi para Eva Fresco Cascallar.
Na proba masculina Francisco Pérez Carrera subiu ao podio, quedando coa medalla de bronce.