A Coruña, con 16.315 sufraxios, figura á cabeza.
Os galegos optaron máis polo voto por correo ca en pasadas eleccións. Segundo datos oficiais, 44.488 persoas optaron polo voto postal, un 37% máis ca en 2004, cando se contabilizaron 32.219 sufraxios.
Por provincias, na Coruña optaron por este sistema 16.315 electores; en Pontevedra,13.334; en Ourense, 8.115; e en Lugo, 6.715.