Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

Un total de 2.638.790 galegos poden votar este domingo, 20.000 por vez primeira

Máis de 26.000 electores forman parte do Censo Electoral de Residentes Ausentes.

Redacción - 09:35 09/03/2008

Un total de 2.638.790 galegos están chamados este domingo a exercer o seu dereito ao voto, dos que case 20.000 poden votar por vez primeira ao cumpriren recentemente 18 anos.

Segundo datos da Oficina do Censo Electoral recollidos, en Galiza hai 2.312.250 persoas que poden votar, aos que se suman os 326.223 galegos que forman parte do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA), o 27% do total dos electores do Estado Español que viven no estranxeiro.

Por colexios electorais provincias, no da Coruña, 1.068.416 persoas poden elixir os seus oito representantes no Congreso (115.422 no CERA). No de Lugo, 346.529 electores e catro escanos (42.241 no CERA). No de Ourense, 355.283 e catro escanos (72.248 no CERA). E no de Pontevedra, 868.562 pontevedreses e sete escanos (96.312 no CERA).

Os 315 municipios do país divídense a efectos da xornada electoral en 615 distritos e 2.238 seccións. Hai 4.091 mesas de votación e 2.544 locais electorais, a maioría situados en colexios, concellos, centros sociais e pavillóns, aínda que tamén haberá algunha mesa en teleclubs, centros parroquiais, asociacións de viúvas e bares.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: