Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Contra a violencia no campo

Os árbitros de fútbol néganse a asubiar nos partidos ao Alerta Traviesas

En resposta á agresión a un compañeiro, o colexiado vigués Gael Neira, de 14 anos, que foi golpeado supostamente polo pai dun dos xogadores da categoría infantil.

Redacción - 12:30 07/03/2008
Tags:

O suposto agresor de Gael Neira, árbitro vigués de 14 anos, é o pai dun dos xogadores da categoría infantil do Alerta Traviesas vigués. Segundo indica a acta do partido que este equipo xogaba contra o Ponteareas no campo do barrio de Coia, o mozo foi golpeado cunha mochila e recibiu unha patada cando abandonaba o recinto deportivo, após ter dirixido o encontro.

Todo aconteceu así, a pesares de teren gañado os do Alerta, por 2-1. Durante o partido, o árbitro expulsou ao adestrador do Alerta, Vicente Celeiro (ex xogador de Dépor e do Celta) con dupla amonestación. A acta escrita polo mozo tamén recolle os insultos que, segundo di, lle proferiu Celeiro dende fóra do terreo de xogo. Uns minutos despois tamén foi expulsada a delegada María del Carmen Rodríguez Martínez, tamén por insultos, e outro xogador do equipo local.

Sanción para o técnico e o clube
O Comité de Competición aínda non decidiu que sanción impoñerlle ao clube, mais xa suspendeu por seis semanas ao adestrador, Vicente Celeiro, e anunciou outra sanción máis ampla á delegada.

Segundo publica esta sexta feira o xornal La Voz de Galicia, os pais do colexiado agredido pensan presentar unha denuncia nos xulgados nas próximas horas.

Resposta dos árbitros
Polo seu lado, o Comité Galego de Árbitros decidiu non asubiar esta fin de semana nos partidos que teña o club Alerta Traviesas, en calquera das súas categorías, como medida protesta ante esta agresión a un seu compañeiro.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: