Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
El Periódico di que hai empate PSOE-PP

Enquisas na última semana de campaña: discutindo a prohibición

Para non infrinxir a lei, o xornal catalán levou este xoves unha sondaxe á súa edición en Andorra. De paso editorializa contra a norma que regula a publicación.

Redacción - 12:15 06/03/2008

"A prohibición aos medios de comunicación de publicar e difundir sondaxes electorais durante os cinco días anteriores ao da votación, establecida no artigo 69.7 da lei electoral de 1985, supón unha clara limitación da liberdade de expresión, impropia dunha democracia consolidada como a nosa. El Periódico de Catalunya cumprirá esta norma, malia non estar de acordo con ela. Pero é unha norma obsoleta, tanto, que os nosos lectores poden acceder por internet ás sondaxes que se publiquen no estranxeiro, como os que xa anunciou El Periòdic d'Andorra. (...) Nese contexto, a actitude paternalista de quen ideou esta prohibición aparece hoxe como algo desfasado. Non hai ningunha base técnica para soster que a publicación dunha enquisa modifica a actitude dos electores nunha ou outra dirección"

Así o expón o xornal no editorial titulado O erro de prohibir as sondaxes electorais.

Ao tempo, enlaza coa información publicada en El Periòdic d'Andorra, onde se fai pública unha enquisa que indica un empate técnico entre PSOE e PP, malia que os apoios se trasladarían a un abano de escanos similar para estas dúas formacións políticas. A sondaxe apunta tamén caídas posíbeis para as formacións catalás, tanto para CiU como para ERC. Tamén se prognostica que PNV e IU poderían perder representación. No que lle toca ao resto de grupos, prognostican un aumento de representación, malia non detallar polo miúdo como se repartirían. Ademais, o estudo agoira que a abstención aumentaría significativamente.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: