Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Só o BNG envía os seus cabezas de lista

Molina, Espinosa, Blanco e Pastor escapan do debate

O pontevedrés Antón Louro será o único cabeza de lista do PSOE que conceda o debate na Galega. Polo PP refuga a cita Ana Pastor.

Redacción - 13:30 05/03/2008

A televisión pública galega citou para as 21h30 deste mércores aos cabezas de lista das tres principais formacións políticas para debateren as súas ideas diante das cámaras. Os encontros están programados para emitírense a esa hora en desconexión para cada unha das provincias.

Con todo, finalmente PSOE e PP non atenderon ao convite a enviaren os seus teóricos números un. No caso dos socialistas, no canto de acudir César Antonio Molina, tamén ministro de Cultura, será a coruñesa Carme Marón a que estea á beira dos números un de PP, Antonio Erias, e de BNG, Francisco Jorquera. Do mesmo xeito, outra ministra, neste caso a de Agricultura, Elena Espinosa, failles o desplante en Ourense aos candidatos de PP, Celso Delgado, e BNG, Iago Tabarés. Do mesmo xeito en Lugo, onde o secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, evitará confrontar co popular Xaquín García Díez e coa nacionalista Paz Abraira. Mentres, en Pontevedra, é a secretaria da executiva do PP, a zamorana Ana Pastor, a cabeza de lista que negou a súa asistencia ao debate, onde si estarán Antón Louro, polo PSOE, e Olaia Fernández Davila, polo BNG.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: