Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Tiñan instalada unha mesa "ilegal"

A policía local de Arteixo bota fóra do Feirón aos candidatos do PP

Os axentes foron enviados polo alcaldesa socialista, quen argumentou que non tiñan autorización para un posto tan amplo.

Redacción - 13:00 05/03/2008
A alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto

A alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto

A tensión electoral tamén chegou este sábado ao Feirón de Arteixo, ao achegarse a policía local ao posto que tiñan instalado os candidatos populares do concello, no que estaban a repartir propagando do seu partido.

Os axentes foron cara a mesa do PPdeG por orde da alcaldesa, Pilar Souto (PSdeG), cousa que provocou a indignación do ex rexedor local, Manuel Pose (PPdeG) e dos seus compañeiros de partido, que abandonaron o posto.

Avisados por non "cumprir as normas"

Segundo publica o xornal La Opinión, a seguir chegou un cruce de acusacións no que o líder dos populares de Arteixo enmarcaba a chegada da policía local nun "non saber estar" da alcaldesa e acusouna impedir un acto electoral "para o que o PP tiña solicitado autorización o pasado 14 de febreiro", segundo dixo Pose.

Polo seu lado Pilar Souto dixo que Pose tiña "moita cara" mais recoñeceu que o PP tiña solicitado o permiso para instalar o seu posto, e que se lle concedera para dúas mesas, e non para as nove que tentaban poñer. Para Souto o sitio que collían sobrepasaba "moito" as dimensións fixadas no permiso municipal.

Pese a todo, a alcaldesa puntualizou que non lles tiña dado aos axentes a orde de suspender o acto, mais si de que lles lembrasen aos populares que estaban a incumprir as normas, polas que foran denunciados, segundo dixo Souto, por varios veciños.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: