Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Entregarase na mesa electoral

O voto, tamén por correo

Case 44.000 galegos presentaron xa as solicitudes para poder votar por correo. O prazo para enviar os sufraxios está aberto até o 5 de marzo.

Redacción - 19:00 03/03/2008
Tags: correos voto
Flickr: Click s

Flickr: Click s

Son moitos os galegos que non poderán acudir a votar aos seus respectivos colexios electorais, mais tampouco queren faltar á súa cita coas urnas. Preto de 44.000 persoas exercerán o seu dereito a voto a través do servizo postal. Os interesados disporán de prazo até o vindeiro 5 de marzo para facer efectivo o sufraxio tras recibiren as peticións de voto das delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral remitidas por Correos.

Galiza sitúase no sexto posto a nivel estatal na entrega de solicitudes, detrás de Andalucía, Madrid, Castela e León, Cataluña e a Comunidade Valenciana. En total, Correos admitiu máis de 770.000 solicitudes, das cales se entregaron xa máis de 722.000 ás delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral.

Unha vez recibidos as papeletas, os interesados deberán entregar o sobre pechado nunha oficina de Correos, e unha vez alí será cursado como certificado urxente e custodiado até o día da votación, cando se entregará na mesa electoral correspondente.

Propaganda electoral

Segundo datos facilitados por Correos, a entidade postal distribuíu nas últimas semanas preto de 34 millóns de tarxetas censuais aos cidadáns que poderán votar o vindeiro 9 de marzo. Tamén se repartiron máis de 141 millóns de envíos de propaganda electoral e dos diferentes partidos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: