Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Comezou o xogo!

Ambientazo na Malata e xa imos 5-1

No pavillón da Malata e o ambiente é inmellorábel. Cheo a rebentar. Debaixo do palco das autoridades a festa vese vén de preto. O primeiro gol, de O. Vivian. Logo viñeron tres de Pana e un de Manu.

Redacción - 22:30 29/02/2008

O ambiente non pode ser mellor. Tambores, berros, cousiñas desas inchadas que fan moito ruído... festa!

O palco das autoridades está cheo, pero tamén o resto das bancadas. Hai moita xente que chegou en autobuses dende toda Galiza, convidados polos clubes de futsal da súa cidade ou vila. De Pontevedra aínda hai xente apoiando aos seus, aos xogadores do Leis, como Pitu, que luce o brazalete de capitán. Os de Burela danlle azos a Revilla e ao seleccionador, Pardeiro... pero os que son máis son os de Ferrol, que animan aos seus, aos xogadores do Parrulo e do Narón, que están na casa, e iso nótase.

De todas, todas, os berros de "Galiza, Galiza!" son os que máis se oen.

En chegando a segunda parte...

Na primeira caeu un gol de O. Vivian, xogador do Ourense FS; e na segunda chegaron tres seguidos de Pana, do Parrulo de Ferrol. Quedan uns quince minutos para o final; os seareiros piden a oficialidade ("Queremos xogar partidos oficiais!") e os meniños e meniñas que enchen a bancadas, con camisolas dos seus clubes

Minuto 13 da 2ª metade
: Gol de Uruguai. Marcado por Nicolás Moliterno. Nas bancadas tamén hai afección charrúa, cunha bandeira inmensa do seu país. Cando veu o gol notouse a súa presenza.

12 minutos para o final
: Marca Manu, do Lobelle, o quinto gol. Expulsan a Pitu, da irmandiña, e a D'Alessandro, da charrúa, por pelexar entre eles.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: