Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONVOCARIASE DESPOIS DAS ELECCIÓNS

Touriño e Quintana apoian a Conferencia de Presidentes sobre a violencia machista

Zapatero propuxo reunir aos presidentes autonómicos despois dos comicios do 9 de marzo, despois de que o martes fosen asasinadas catro mulleres.

Redacción - 18:05 28/02/2008

A violencia machista entrou esta semana na campaña electoral, despois de que o martes catro mulleres morresen asasinadas no estado polos seus maridos, e de que o mércores dúas máis fosen acoiteladas. Zapatero prometeu que se gaña os comicios do 9 de marzo convocará a Conferencia de Presidentes Autonómicos "extraordinaria e urxente" para analizar o problema e procurar solucións. Pola súa banda, Rajoy tratou o tema nun mitin por vez primeira en toda a campaña.

En Galiza, a prosposta do candidato socialista foi ben recibida tanto por Emilio Pérez Touriño como por Anxo Quintana. Touriño Touriño cualificou a violencia machista de "auténtica lacra" e valorou a importancia da reunión como unha oportunidade de "sumar esforzos". Así mesmo salientou a importancia da Conferencia de Presidentes e resaltou que o órgano "dálle oportunidade a Galiza de tomar decisións que afectan aos cidadáns en positivo".

Mentres, Quintana considerou "positiva" a convocatoria e reclamou "non caer na autocomplacencia" nesta cuestión. O vicepresidente da Xunta lembrou que se trata dun "problema estrutural" cuxa solución "leva tempo".


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: