Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Pola "conquista dos nosos dereitos nacionais no terreo deportivo"

Siareir@s Galeg@s organiza un concerto o día do Galiza-Uruguai de futsal

Fican poucos días para o debut da irmandiña do fútbol sala. Será o histórico 29 de febreiro en Ferrol, e o colectivo de seareiros vai estar alí.

Redacción - 13:20 26/02/2008

A vindeira sexta feira a selección nacional de fútbol sala estréase en Ferrol, na Malata, fronte a Uruguai. E alí van estar os membros do colectivo Siareir@s Galeg@s, que xa están a organizalo todo para que a irmandiña do futsal se sinta apoiada no seu debut.

Para os e as Siareir@s, a estrea desta selección, após a de fútbol, a de baloncesto e a de balonmán, é "un novo paso no longo camiño da conquista dos nosos dereitos nacionais no terreo deportivo", e por iso van estar "presentes para acompañala". Porén, aínda que o colectivo amosa alegría pola creación dunha nova selección nacional, na súa web din que "só hai que lamentar que a selección masculina non estea acompañada de selección de mulleres".

Desprazamentos a Ferrol e festa-concerto após o partido
A falta de confirmar horas e lugares de saída, están a preparar os desprazamentos cara Ferrol en autobuses, que sairán de Vigo, Pontevedra e Compostela ese mesmo día. Antes do partido, o colectivo ten organizada unha concentración pola oficialidade que comezará ás 20:00 horas nos Cantóns ferroláns.

Despois do partido, ademais, teñen organizada unha festa-concerto pola oficialidade das seleccións galegas, no que han tocar (a partir das 22:30 horas no CS Artábria) o grupo Arenga, seguido do DJ Sem Fronteiras Sound Anti-Sistema.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: