Gañou a segunda fase, que se xogou esta fin de semana nos campos das Cancelas e Santa Isabel, en Compostela.
As irmandiñas sub-25 chegaron á fase final do campionato estatal, gañándolle a Estremadura (2-2) e a Aragón (1-0) no partido decisivo. Os partidos foron nas Cancelas e en Santa Isabel, campos os dous de Compostela, e a seguinte fase, a final, é bastante probable que tamén se xogue no noso país, mediado o mes de maio.
A irmandiña sub-18 non tivo a mesma sorte que as súas compañeiras, e caeu eliminada. A pesares de lle empatar con Estremadura, e gañarlle a Aragón (2-0), a diferenza de goles clasificou ás estremeñas.