Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Piden un novo trazado do TAV

Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica acampan diante da Xunta

Van estar deica o 9 de marzo, demandando unha solución ao paso da liña do Tren de Alta Velocidade pola mina.

Redacción - 14:04 22/02/2008
Cando se pecharon nos concellos de Vedra, Cee e Arteixo

Cando se pecharon nos concellos de Vedra, Cee e Arteixo

Varios traballadores de Serrabal e Ferroatántica van acampar dende esta sexta feira até que termine a campaña electoral diante de San Caetano, esixíndolle á Xunta que mude o trazado do TAV Santiago-Ourense ao seu paso pola mina de cuarzo que explotan as empresas de Villar Mir, pois consideran que o tramo actual que pasa por Serrabal ameaza un milleiro de postos de traballo directos e indirectos que dependen desta explotación.

A acampada realizarase en tres quendas con 30 persoas cada vez.

Antes de se situar perante a Xunta, uns 300 traballadores de Serrabal e Ferroatlántica en Cee, Dumbría e Sabón percorreron as rúas de Compostela nunha manifestación que estivo encabezada por una gran pancarta na que se podía ler: "A indemnización non é a solución, si ao cambio de trazado do AVE".

De campaña con Touriño
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica acusan ao presidente da Xunta de "mentir" ao non cumprir co compromiso adquirido antes das eleccións municipais do 27 de maio de 2007, cando dixo que ía estudar unha solución que non os afectase. Touriño tamén se comprometeu, segundo os traballadores, a entregarlles un cronograma das obras do TAV que aínda non recibiron.

Agora os traballadores sinalaron que van facer "a mesma campaña que el", e avanzaron "actos sorpresa" durante todo este tempo, deica o vindeiro 9 de marzo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: