Cesáreo Sánchez entrougoulle o recoñecemento á literata cubana nun acto celebrado na Habana.
Nicolás Guillén dixo de Nancy Morejón que "a súa poesía é negra como a súa pel, cando a tomamos na súa esencia, íntima e sonámbula. É tamén cubana (por iso mesmo) coa raíz soterrada moi fondo para saír polo outro lado do planeta". Este martes o poeta e presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (Aelg), Cesáreo Sánchez, entregoulle unha distinción consistente nunha pluma estilográfica como símbolo do galardón "Escritora Galego Universal" que lle foi concedido polos escritores galegos.
Nancy Morejón naceu na Habana en 1944 e converteuse nunha das voces máis orixinais da Cuba posterior a 1959, pola súa labor crítica e ensaística, asi como pola súa importante contribución en organismos culturais. A escritora cubana estará presente este ano na tradicional Cea das Letras, que organiza a Aelg, para recibir en persoa o galardón de "Escritora Galega Universal", atendendo a súa actividade como dinamizadora cultural, estudosa da literatura afrocubana e defensora infatigable dos dereitos da muller.