Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RUEDA, LOURO E QUINTANA

O luns, debate

O encontro emitirase no 'Hai Debate' da Galega. O día 27 si participaran os líderes dos tres grandes partidos galegos

Redacción - 11:42 16/02/2008

O primeiro debate na TVG non reunirá nin aos líderes dos partidos, nin aos cabezas de lista para as eleccións xerais. Será un híbrodo no que estarán Quintana, portavoz nacional do BNG, Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdeG, e o cabeza de lista do PSOE por Pontevedra, Antón Louro. Será o luns 18 no programa 'Hai Debate' da Galega. Quintana xa avanzara que tomaría parte no debate do día 18, ao que fora invitado pola canle autonómica xunto aos líderes de PPdeG e PSDEG, Alberto Núñez Feijóo e Emilio Pérez Touriño, aínda que o primeiro declinou a invitación debido a unha viaxe a Arxentina e Uruguai e o segundo dixo que acudirá ao debate dentro de campaña electoral.

Así pois, o mércores 27 de febreiro ás dez da noite celebrarase o esperado debate entre os líderes de populares, socialistas e nacionalistas. Así mesmo, a TVG celebrará debates en cada unha das circunscricións electorais cos tres cabezas de lista de PPdeG, PSDEG e BNG en cada provincia, que serán emitidos de forma simultánea ás 22 horas do 5 de marzo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: