Ao redor de vinte estudantes concentráronse diante dos xulgados.
Os dous estudantes arrestados o venres como presuntos autores de insultos e ameazas á presidente do PP do País Vasco, María San Gil, prestan declaración xudicial nestes momentos no Xulgado de Instrución número 1 da capital galega.
Iago Barros e Serxio Piñeiro chegaron dez minutos antes da hora prevista (10.00 horas) e foron introducidos pola policía unha das portas de abaixo do edificio. A policía quixo evitar deste xeito que se atopasen na entrada principal coa protesta dunha vintena de mozos que reclamaban a súa liberación e que criticaban a operación policial cualificándoa de "manipulación de precampaña electoral".