Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Aínda que os encoros seguen a ter reservas abondas

A seca máis alta dos últimos 91 anos preocupa aos agricultores portugueses

Portugal está a atravesar o período máis seco dende hai 91 anos. Dende setembro choveu en todo o país menos de metade (48%) do que choveu de media entre 1941 e 1998.

Redacción - 10:01 16/02/2008
Os encoros aínda garanten o subministro / Flickr: alexeiz

Os encoros aínda garanten o subministro / Flickr: alexeiz

Xa no mes de decembro pasado, case todo o país estaba en situación de seca, segundo concluía o último informe mensual do Instituto de Meteorologia. O 37% do país veciño estaba en situación de baixa seca, no 52% moderada e no restante 10%, severa. Neste último caso estaban o litoral Norte e o Baixo Alentejo.

A pesares de que en xaneiro choveu máis do que nos meses anteriores, a cantidade de auga caída estaba por baixo da media; e o mes de febreiro, xa mediado, tampouco trouxo boas noticias. Esta semana as precipitacións medias eran de apenas, 17,8 milímetros, cando a media para este mes é de 112,2 milímetros.

"São Pedro fechou as torneiras"
"Neste século, só em 1917 choveu tão pouco entre Setembro e Janeiro", afirmou Rui Rodrigues, director do Departamento de Monitorização e Sistemas de Informação do Domínio Hídrico do Inag, o Instituto da Água.

Na última gran seca, en 2005, a situación non foi tan preocupante porque choveu moito no mes de outubro, e os embalses volvéronse encher. "Depois é que São Pedro fechou as torneiras", segundo pos ditos portugueses.

Agora as cousas son distintas. Esta situación vense arrastrando dende finais do verán, e, de fallar a precipitación en outono e a comezos de inverno, que é cando máis chove en Portugal, vai facer difícil recuperar o atraso nos meses seguintes.

Os encoros aínda aguantan
O país veciño está en seca meteorolóxica, mais aínda non chegou á situación de seca hídrica. Os principais encoros teñen, neste momento, asegurados os os principais usos ao longo deste ano, sobre todo a rega, segundo Rui Rodrigues.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: