A web da campaña renóvase e incorpora aplicacións 2.0, como un mapa coa posición de todos os usuarios.
Mapa dos usuarios que apoian a independencia
A web da campaña Estatpropi.cat, posta en marcha hai case un ano, xa se achega ás 18.000 persoas que apoian a independencia dos Países Cataláns. Como novidade, o portal introduce aplicacións propias da web 2.0, como a posibilidade de localizar nun mapa todos os usuarios que están a favor da iniciativa.
A páxina recibiu apoios de todos os territorios de fala catalá, aínda que, por motivos evidentes de concentración de poboación, no concello de Barcelona concéntranse 2.403 dos usuarios.