Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O mellor do baloncesto feminino de Galiza

O Celta e o Extrugasa xogan os cuartos de final da Copa

Ábrese esta sexta feira a primeira eliminatoria cos dous equipos galegos loitando polo pase á final.

Redacción - 11:25 15/02/2008
Ciudariene, do Extrugasa, nun partido da Copa de Europa

Ciudariene, do Extrugasa, nun partido da Copa de Europa

No mediodía desta sexta feira comeza a eliminatoria: EBE Promociones contra o Celta Vigourban, un partido que se presenta ben igualado, xa que o equipo balear entrou na listaxe de equipos para xogar a Copa da Raíña de cuarto, e as viguesas ían que quintas, os mesmos postos que ocupan na Liga.

O outro duelo con intereses galegos será as 16:00 horas e enfrontará ao CB San José co Extrugasa Cortegada de Vilagarcía, unha difícil eliminatoria moi aberta na que pode pasar de todo.

Os cuartos de final complétanse en Sevilla (onde se está a xogar a Copa) cos partidos entre o Ros Casares (o favorito) e o Rivas Futura, ás 18:15 horas; e o partido do Perfumerías Avenida co Olesa Espanyol, ás 20:30 horas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: