Primeira parte:
Segunda parte:
O senador do
Partido Popular e ex presidente do Goberno, Manuel Fraga Iribarne, recordou esta cuarta feira que estaba de viaxe en Alemaña o día 3 de marzo de 1976 cando a Policía reprimiu brutalmente unha asemblea de traballadores en Gasteiz, co resultado de cinco mortos e multitude de feridos.
Ben ao contrario, Fraga -que ocupaba o cargo de ministro da Gobernación- afirmou que á súa volta contribuíu a "canalizar a situación". Por outra banda, non precisou se vai acudir ao parlamento vasco para informar sobre este suceso,
tal e como lle reclamou a Comisión Especial desta Cámara encargada de investigar os sucesos, que tamén solicitou a presenza do daquelas ministro de Relacións Sindicais, Rodolfo Martín Villa.
Neste senso, Fraga precisou que no momento exacto dos feitos o Ministerio de Gobernación estaba a cargo de Adolfo Suárez "por Real Decreto" ao se atopar de viaxe. "Nos días sucesivos tomáronse outras medidas como a destitución do gobernador e non se produciron máis incidentes", subliñou o
popular tras coñecer a petición do parlamento vasco.