Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
fútbol de base

O Real Madrid vén fichar a Galiza

Veñen polo dianteiro do Areosa, Rafa Pérez, de 16 anos, e polo director deportivo do mesmo equipo, Guillermo Troncoso, que pasará a ser observador do clube branco.

Redacción - 12:45 14/02/2008
Escudo do Areosa

Escudo do Areosa

O Real Madrid botou unha ollada por Vigo, e pescou, segundo publica esta quinta feira o xornal Faro de Vigo, a un xogador do equipo cadete de División de Honra do Areosa e ao seu director deportivo. O sábado ámbolos dous van viaxar a Madrid para visitar as instalacións e pechar a fichaxe.

Xa dende decembro o equipo madrileño tiña posto a súa ollada en Rafael Pérez Cabaleiro, un mozo de 16 anos de Salceda de Caselas, que comezou a xogar no equipo da súa vila aos 5 anos. Alí botou até os 12, cando se foi para o Porriño Industrial. Hai unha tempada e media Guillermo Troncoso (a outra persoa fichada), despois de moitos anos traballando para os xuvenís, decidiu adestrara os cadetes e fixouse en Rafa, traéndoo para o Areosa. Agora, xuntos, irán os dous para Madrid, se se pecha ben a fichaxe.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: