O Movemento polos Dereitos Civís, o PPdeG e varios colectivos de veciños denunciaron que o alcalde impediu a entrada dos cidadáns á sesión.
A Fiscalía de Vigo admitiu a trámite as denuncias presentadas por varios colectivos sobre as supostas irregularidades no acceso ao pleno do pasado 29 de decembro, no Concello de Vigo, no que foi aprobado o PXOM da cidade.
En declaracións aos medios, o coordinador da Fiscalía viguesa, Carlos Gila, confirmou que, até o de agora, xa se comezaron a tramitar dúas das tres denuncias recibidas, a Federación Veciñal Eduardo Chao e a do MpDC. A terceira foi a presentada esta terza feira polo PPdeG.
Segundo explicou Gila, todas as denuncias versan sobre os mesmos feitos, polo que se van acumular para poder ollalas detidamente, de cara a un posíbel actuación. Tamén salientou que teñen pedido información aos xulgados de instrución da cidade para comprobar se se presentou tamén algunha denuncia sobre o mesmo asunto. Mais, segundo puntualizou, só poden investigar o que non estea nos xulgados.