Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol

Aragoneses ficha polo Numancia

O porteiro galego chega xusto para loitar polo ascenso. Vén de rescindir o seu contrato co Hércules, por un problema co adestrador.

Redacción - 12:28 13/02/2008
Aragoneses, co traxe do Atlético de Madrid

Aragoneses, co traxe do Atlético de Madrid

Sergio Aragoneses (Porriño, 1977), acaba de fichar polo Numancia para o que queda de tempada en Segunda. O galego, que acaba de rescindir o seu contrato co Hércules, chega ao equipo para substituír ao porteiro titular, Jacobo Sanz, que non vai poder volver ao equipo até que se recupere dun problema muscular, dentro dunhas seis semanas.

Podería xogar xa esta mesma campaña, se o técnico do Numancia, Gonzalo Arconada, así o decide. O porteiro marchou do Hércules após facer unhas declaracións que o seu adestrador, Andoni Goikoetxea, cualificou de "indisciplina".

O seu novo adestrador, Arconada, dixo da nova fichaxe que chega para "cubrirlles as costas" e para axudar, tras a lesión do segundo porteiro. De todos so xeitos, Arconada salientou que a chegada de Aragoneses non vai prexudicar a titularidade do actual primeiro porteiro do Numancia, o uruguaio Álvaro Núñez.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: