Compañeiros da Federación Ecoloxista Galega, veñen de avisar de que este fin de semana estanse a celebrar varios campionatos de caza de raposo no territorio galego. O sábado 9 celebrouse un en Navia de Suarna, na que se nos informou que participaron máis de 200 cazadores, e no día de hoxe (10 de febreiro) outro no concello de Vila de Cruces, que non se pode precisar o nº de participantes debido ao seu carácter clandestino. A estes se suman ao celebrado a semana pasada en Lalín.
Dáse a coincidencia de que todos estes eventos "deportivos" teñen autorización de simples batidas, pero non que non se solicitaron os permisos para un acto tan amplo.
No caso, de Navia de Suarna, se nos informou da presenza de axentes da autoridade que levantaron expedientes sancionadores de tales feitos, pero unha vez celebrado o campionato. Nos outros casos nos consta a falta de control destes eventos por parte da Administración.
¿Caza sostible?
Resulta curioso que dende o colectivo de cazadores se trate de convencer á poboación que eles son os maiores ecoloxistas e que, pero estes episodios demostran que non é certo.
Estanse a celebrar caza masivas en plena época de cría e de celo, poñendo en perigo a repoboación natural de moitas especies, entre elas a do raposo. A consecuencia é que todos os galegos (cazadores ou non) teñamos que estar pagando repoboacións e sen saber canto son os cartos que se destinan para estas circunstancias, en todo son moitos máis que os que se están a destinar á protección a especies en perigo. Especies en perigo que tamén están a padecer a padecer estes campionatos, ben por acción directa (pois non é a primeira vez que se matan especies non cazables), ou de forma indirecta, polas molestias causadas, producindo o abandono de camadas, niños, etc.
Lembremos, como exemplo, que calquera dono dun can ten prohibido pasear co seu can polo monte, polos posibles danos á fauna, salvo como non, os cazadores.
Falta de control.
Dende a Administración, estanse a dar autorizacións de batidas, na súa maioría baixo a escusa de danos á agricultura, gandería ou na propia caza (Como contempla a Lei de caza), xustificadas por informes feitos polos propios cazadores, pero sen a posterior comprobación das autoridades.
Unha vez dada os permisos, tampouco se comproba, si se cumpren as normas (nº de escopetas de cans, ou si se matan as especies do permisos). No caso de Navia de Suarna a presenza de axentes, foi a posteriori, cando o mal xa está feito.
Perigo para os seres vivos Estes campionatos clandestinos, poñen en serio perigo á poboación que non se informa polo que corren en perigo de ser abatidos mentres disfrutan dun día de lecer no monte ou facendo labores agrícolas ou forestais.
Isto supón un secuestro dos montes galegos que so é propiedade dos cazadores, pois nestes momentos estanse a autorizar batidas todo o ano.
A FEG solicita que se quiten as concesións a estes TECORES e os dereitos de caza, que están enganando para poder matar por matar.
Solicitamos á Administración que deixe a política de ceder a xestión ao colectivo de cazadores, e se tome máis en serio a xestión desta actividade que pon en perigo, non so á nosa naturaleza senón a todos os galegos.