A bomba que estourou na madrugada deste venres só causou pequenos danos materiais.
Unha bomba de escasa potencia estoupou na madrugada deste venres nunha caseta comercial dunha urbanización que se está a construír en Perbes (Miño). Segundo informaron fontes da Garda Civil a Europa Press, o atentado só causou pequenos danos materiais. O atentado tivo lugar na urbanización 'Costa de Miño', que está promovida pola empresa Fadesa.
Un veciño, que escoitou a deflagración, avisou aos axentes pouco antes das cinco da mañá. Até o lugar dos feitos desprazáronse especialistas en explosivos para tratar de averiguar a composición da bomba. Segundo a axencia Europa Press, os axentes coidan que esta última explosión garda relación con outras que nos últimos meses se lle atribuíron á Resistencia Galega.