Vieiros

Vieiros de meu Perfil


FSM

Xestionado por Vieiros
RSS de FSM
Co ano novo chinés arrincan as campañas contra a explotación nos XXOO

Xogando limpo en Beixín 2008

Esta quinta feira 7 de febreiro, dáselle un novo pulo á campaña Roupa Limpa que pretende garantir os dereitos dos traballadores do téxtil en Asia.

Redacción - 10:30 07/02/2008

Organizadas por SETEM, UXT, COOO e CECU, entidades integradas na Campaña Mundial Play Fair 2008 (Xoga Limpo 2008), comezan unha serie de actividades de denuncia e sensibilización, encamiñadas a garantir o respecto dos dereitos fundamentais dos/as traballadores/as no sector de produción de artigos deportivos e, en particular, na fabricación de artigos con licenza para os vindeiros Xogos Olímpicos de Beixín. A campaña foi presentada este xoves en Galiza polo colectivo Amarante.

Calcúlase que os produtos "oficiais" das Olimpiadas han xerar ingresos por valor de 3 mil millóns de dólares. Porén, como amosaba o informe publicado a finais de 2007 pola campaña Roupa Limpa, denominado Os Xogos Olímpicos sen medallas en xogos sindicais, moitos destes artigos son fabricados en condicións de explotación, que implican graves violacións do dereito laboral internacional.

Pese a que estes abusos non se limitan só aos Xogos Olímpicos, os organizadores desta campaña pensan que as Olimpiadas son unha oportunidade para amosar a nivel mundial, que o Espírito Olímpico vai alén do deporte, e que os valores proclamados como tolerancia, solidariedade, respecto e xogo limpo, deben transcender a todos os niveis nun evento coma este.


Documentos

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: