Pasados cinco anos da catástrofe do Prestige e aínda coa sombra da precariedade nos medios de salvamento marítimo, publicábase a finais do ano pasado un libro que fala da experiencia dos voluntarios e das voluntarias que se achegaran á costa galega.
Josep Figueras, que estaba daquela por Galiza facendo o Camiño de Santiago, achegouse á costa galega e fíxose famoso por ser un dos primeiros voluntarios que recolleu piche e máis pola ousadía de falarlle ao monarca español, coas mans untadas de fuel, na visita do rei á zona afectada polos vertidos do petroleiro.
O libro, editado en castelán e en galego e que leva un prólogo de Suso de Toro e un epílogo de Manuel Rivas, quere deixar constancia da mala xestión do accidente por parte das administracións daquel tempo e deixar testemuño da marea de solidariedade e da capacidade de organización da sociedade civil.
Josep Figueras é actualmente presente da ONG "Voluntaris sense fronteres" e Xavier Poza é xornalista especializado en comunicación audiovisual e colabora con varios medios.
Xoves, 7 de febreiro, 20 h
Presentación do libro: Mareas negras, mareas brancas de Josep Figueras e Xavier Poza Galeria Sargadelos
Provença, 276
FIGUERAS, Josep; POZA, Xavier (2007):
Mareas negras, mareas brancas "Os voluntarios do Prestige: conciencia viva dunha catástrofe". Ediciones El Andén.
FIGUERAS, Josep; POZA, Xavier (2007):
Mareas negras, mareas blancas "Los voluntarios del Prestige: conciencia viva de una catástrofe". Ediciones El Andén.