Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
REDE WIMAX

Riotorto e Mondoñedo inauguran banda larga sen fíos

Os dous concellos lucenses incorpóranse este luns á Sociedade da Información coa inauguración de novas infraestruturas de comunicación.

Redacción - 19:34 04/02/2008

Os concellos de Riotorto e Mondoñedo contan dende hoxe con cadansúa rede de comunicación sen fíos Wimax. A directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria, Helena Veiguela, presidiu este luns os actos de inauguración das infraestruturas, que teñen como obxectivo achegarlles as novas tecnoloxías á totalidade da poboación.

O Goberno achega 83.200 euros para cada concello, dentro dun proxecto global cun investimento dun millón de euros en doce municipios rurais. Helena Veiguela salientou que o obxectivo último do programa é mellorar os niveis de utilización de internet e das novas tecnoloxías no país, e máis nas zonas rurais, onde o espallamento da poboación e as dificultades de acceso á internet provocan un menor grao de utilización da rede.

Ademais, os dous concellos inauguraron cadansúa aula de dinamización da Sociedade da Información, puntos de achegamento ás novas tecnoloxías ao conxunto da cidadanía, con información para os colectivos con máis dificultades. A Consellaría de Industria tamén adiantou que Mondoñedo contará con comunicacións por fibra óptica grazas ao convenio asinado coa empresa R.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: