Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Aínda non existe o Consorcio de Planificación

A lingua nos concellos: a necesidade doutros criterios e de novas metas

A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua solicitoulle á Xunta a inmediata convocatoria das axudas e a revisión dos seus obxectivos

Redacción - 09:00 04/02/2008

Trátase dun conxunto de subvencións que en opinión da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua, CTNL, deberan servir para potenciar a creación de estruturas estábeis de "intervención social" para o fomento do uso do galego entre o conxunto da cidadanía desde os concellos. Así, e mentres non se cree o anunciado Consorcio de Planificación Lingüística e a el se poidan adherir os concellos para ir creando estruturas comarcais de planificación e intervención lingüística que traballen de xeito coordinado, estes servizos municipais deberan poder servir para a "creación e estabilización de servizos de normalización lingüística territoriais dotados de recursos materiais e humanos suficientes e con capacidade de intervención no conxunto da sociedade".

No entanto, a CTNL detectou unha escasa incidencia das subvencións no incremento e estabilidade dos servizos de normalización. Segundo o colectivo, habería varios motivos: a tardanza na publicación da convocatoria, os obxectivos, as funcións propostas para estes servizos, e os criterios de concesión das propias axudas.

Nun escrito dirixido á secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, a CTNL expón que en novembro de 2007 xa elaborou un informe sobre "a escasa incidencia que tiveron na creación e consolidación real de SNL as axudas que a Xunta lles concedeu para ese fin ás entidades locais". Dese informe desprendíanse, como principais datos, que dos 41 concellos aos que a Xunta lles concedeu unha subvención en 2007 para a creación dun SNL, só 26 crearon finalmente ese servizo, dos que 19 volveron pechalo despois de 2 ou 3 meses de actividade e só 7 tiñan previsto mantelo activo máis aló de finais de ano.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: