Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTROL

Máis de 200 empresas terán que declarar as súas emisións contaminantes

A Consellaría de Medio Ambiente estuda novos sistemas que poidan comprobar que o declarado coincide co emitido.

Europa Press - 14:15 02/02/2008

Máis de 200 empresas do país están obrigadas a declarar as súas emisións contaminantes á atmosfera e á auga no 'Rexistro Europeo de Emisións e Transferencias de Contaminantes' (E-PRTR), baixo o marco dunha normativa da Unión Europea pola que, dende 1996, se elabora anualmente un inventario das principais emisións e das fontes responsábeis.

A novidade este ano é que unhas cincuenta empresas de Galiza se incorporan ao proxecto por primeira vez, entre elas, depuradoras, astaleiros, piscifactorías ou canteiras. Deste modo, súmanse ao sector enerxético, ao da refinaría, ao da industria de minerais ou do papel, que xa estaban obrigados por esta directiva comunitaria.

Segundo informou a Europa Press a Consellaría de Medio Ambiente, teñen de prazo até o vindeiro mes de abril para declarar os contaminantes que emitiron o pasado ano 2007, aínda que os datos non se publicarán até o mes de xullo.

Así mesmo, incrementouse tamén o número de substancias que se consideran contaminantes, pasando de 50 a 91. Porén, as emisións de CO2 son as máis frecuentes no país. De feito, en 2005 as empresas declararon ao redor de 20 millóns de toneladas de substancias contaminantes, das cales 19,5 millóns corresponderon a este gas.

Axudas

Nese sentido, o departamento que dirixe Manuel Vázquez insistiu en que "se se sabe onde están as maiores fontes de emisión poderase actuar mellor para reducir a contaminación, así como apoiar e dar axudas ás empresas para que reduzan as súas emisións". Iso si, manifestou que estuda novos sistemas de detección que "poidan probar que o declarado polas factorías coincide co emitido".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe aérea da central térmica de Meirama (Cerceda)
Imaxe aérea da central térmica de Meirama (Cerceda)