Duascentas persoas súmanse o escrito asinado en Vieiros por Encarna Otero. A directora xeral autoinculparase no xulgado o próximo 8 de marzo.
Coincidindo co Día Internacional da Muller, o próximo 8 de marzo Encarna Otero achegará formalmente ao xulgado o escrito de autoinculpación en solidariedade coas mulleres acosadas por presunto aborto fóra dos supostos que recolle a actual lexislación.
Será ademais ás portas das próximas eleccións xerais, e na convicción de que as reformas legais que corrixan a actual situación deben aprobarse "no inicio da nova lexislatura polas Cortes do Estado que son as que teñen competencia para facelo; non se pode demorar por máis tempo esta medida lexislativa".
Así o propoñía daquela Encarna Otero, directora xeral de Fomendo e Calidade da Vivenda e militante do BNG. Posteriormente, o Bloque recolleu a petición apoiada por outras integrantes da formación política, coa intención de levar ao Congreso na próxima lexislatura unha iniciativa nese sentido, que free as "enormes concesións cos sectores reaccionarios que seguen limitando o dereito a decidir".
Aquí o artigo de Encarna Otero: "Eu tamén abortei.