Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Comeza a Copa Galega Absoluta masculina

Aquí tamén lle damos ao waterpolo

Os mellores equipos do balonmán acuático galego loitarán en Compostela pola competición máis importante do país.

Redacción - 12:45 01/02/2008

Será na piscina municipal de Santa Isabel, e comezará o sábado 2 de febreiro. Está organizado polo Club Waterpolo Santiago e a Federación Galega e alí van estar os mellores equipos do país.

A proba conta con seis equipos encadrados, por sorteo, en dous grupos. No Grupo A están o CW Santiago, CN Pontevedra e o Club Marina Ferrol; e no Grupo B, a Asociación Coruñesa Waterpolo, o CN Padrón e o CW Santiago B (que está repetido porque o CN Coruña retirou a súa participación).

Os partidos serán de catro cuartos de seis minutos cada un e cada equipo xogará un total de tres encontros nun só día.

Pola tarde, segundo a clasificación de cada grupo, os conxuntos que remataron terceiros nos seus respectivos grupos loitarán polo quinto posto ás 17:00 horas; unha hora máis tarde os segundos xogarán polo terceiro posto e, ás 19:00 horas, os primeiros clasificados de cada grupo enfrontaranse na final que definirá ao campión desta Copa Galega de Waterpolo Absoluta Masculina.

E han xogar como segue:
09:00 horas CW Santiago-CN Pontevedra
10:00 horas A Coruñesa Waterpolo-CN Padrón
11:00 horas CN Pontevedra-C Marina Ferrol
12:00 horas CN Padrón-CW Santiago B
13:00 horas CN Santiago-C Marina Ferrol
14:00 horas A Coruñesa Waterpolo-CW Santiago B


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: