Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CADRO DE MIGUELANXO PRADO

A Coruña distribuirá 50 mil carteis para apoiar a candidatura da Torre de Hércules

A campaña foi presentada en Fitur este xoves pola mañá.

Redacción - 13:39 31/01/2008

Un cadro do debuxante coruñés Miguelanxo Prado servirá de imaxe á candidatura da Torre de Hércules a ser elixida Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Henrique Tello, primeiro tenente de alcalde do Concello da Coruña declarou na presentación da campaña que se escolleu ao artista "porque é un dos grandes debuxantes de Galicia e nacido na Coruña, unha cidade coa que está profundamente vinculado".

Segundo manifestou Tello, o cadro "defende a candidatura da Torre con extraordinaria dignidade e diante do cal a xente sentirá un grao de admiración moi grande". Así mesmo, Tello animou a que os cidadáns entren na páxina web do Concello e soliciten un dos 10.000 carteis ata agora impresos, cifra que podería chegar aos 50.000.

Miguelanxo Prado admitiu que apostara por darlle dramatismo á pintura para evitar que o debuxo se convertese "nunha postal turística". O artista inclúe no cadro, ademais da propia Torre de Hércules, referencias ao mar, as rocas, unha cidade que se intúe de lonxe, e a presenza dun elemento de carácter mitológico. "Non podía imaxinar esta imaxe sen unha presenza que crebase a realidade", afirmou e puntualizou que se decidiu polo gardián do Faro, que aparece sobre unha das rocas, e que, ademais, dá título ao cadro.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: