A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua cre que é preciso distribuír doutro xeito os 23,2 millóns de euros
É preciso invertir as políticas da Xunta para a normalización lingüística. Iso é o que sosteñen dende a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua. A CTNL móstrase crítica coa distribución dos 23,2 millóns de euros nos orzamentos da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Cren que é preciso máis esforzo no fomento real da lingua e insisten en que se marquen obxectivos. Poden ler aquí a valoración íntegra deste colectivo.