O grupo galego fai o seu primeiro concerto do ano en Barcelona.
Será no marco do Festival del Mil·lenni, que en anos anteriores xa contara con representación galega, a cargo de Carlos Núñez. Nesta edición volve a tela con Milladoiro, un dos grupos míticos do panorama musical folc.
A novena edición do festival iniciouse o pasado mes de decembro e polo escenario do Palau xa pasaron músicos como Juliette Gréco, Pasión Vega, Georges Moustaki ou Toquinho. Antes de que remate tamén están programadas as actuacións, entre outros, de Joaquín Cortés, Pastora, Nana Mouskouri, M. Dolores Pradera e Chambao.
Martes, 5 de febreiro de 2008, ás 21.30 h
Sala de Concertos, Palau de la Música