Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONCERTOS EN PORTO E BRAGA

A mellor música de Galiza está en Portugal

Estrelas da música como Editors, Nick Cave, Animal Collective, Raveonettes, Portishead ou José González actuarán antes do verán a unha hora de Tui.

Marcos S. Pérez - 12:45 03/02/2008

Porto está a unha hora de Tui, uns 120 quilómetros; Braga, tan só a 75. O norte de Portugal, alí onde a AP9 se converte en A3, acolle cada semana concertos de primeira liña, artistas e grupos que moi dificilmente recalarán en Galiza, pois apenas ofrecen media ducia de concertos en toda a Península. E non só están os festivais de verán, encabezados por Paredes de Coura. Entre xaneiro e xuño Braga, e sobre todo Porto, teñen programadas actuacións dalgunhas das bandas do momento.

The Raveonettes. 19 de febreiro. Braga, Teathro Circo
Portishead. 26 de marzo. Porto, Coliseu
Gilberto Gil. 19 de abril. Porto, Coliseu
Nick Cave. 22 de abril. Porto, Coliseu
José González. 30 de abril. Porto, Teatro Sá da Bandeira
Joe Satriani. 1 de maio. Porto, Coliseu
Animal Collective. 28 de maio. Braga, Teathro Circo
Feist. 10 de xuño. Porto, Coliseu
Juanes. 17 de xuño. Porto, Coliseu


1,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: