Xesús Manuel Suárez foi elixido novo presidente no IX congreso da formación política.
Á dereita, Manuel Suárez, novo presidente do PG
O Partido Galeguista rematou este sábado o seu IX Congreso cunha renovada executiva e coa intención de se converter en alternativa política. No Restaurante Don Manuel de Monforte de Lemos os máis de 300 delegados elixiron presidente a Xesús Manuel Suárez e vicepresidente a Antonio Varela Álvarez.
O secretario xeral saínte, Manoel Soto, confiou en "continuar con serenidade un proxecto que permita medrar de xeito seguro creando unhas bases para construir un futuro mellor". O presidente saínte, Xabier González, decidiu volver á militancia de base para "deixar paso ás novas xeracións".
No congreso estiveron presentes organizacións políticas de Portugal e mais Terra Galega, que lle ofreceu a colaboración ao novo presidente, quen afirmou que "sendo galegos, non podemos ser mais que galeguistas".