Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MUDA DE PATRÓN

eBay cambia as estruturas de prezos

Novo dono en eBay onde Meg Whitman, unha das mulleres máis poderosas no mundo fechado dos xefes de empresas da rede acaba de anunciar que pasaba o testigo a John Donahoe quen, parece ter sido escolleito por ela mesma

Redacción - 12:27 25/01/2008

Donahoe anunciou inmediatamente dous cambios de importancia:

Sen renunciar ás poxas, eBay vai poñer o acento sobre as vendas a prezo fixo que corresponden hoxe ao 40% das vendas. "Seguimos aos nosos usuarios" declarou.

Por outro lado, a estrutura de prezo vai cambiar. A cantidade que acompañará ao posting baixarase mentres que o aplicado ás vendas realizadas aumentará. Iso corresponde a unha solicitude a miúdo formulada. Podería, segundo o New York Times aumentar o número de ofertas pero facer baixar as rendas a curto prazo.

O interesante na insistencia sobre as vendas a prezo fixo é que reforzará a competencia con Amazon pero sobre a base dunha estrutura completamente distribuída posto que eBay non ten almacéns de produtos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: