O papel de locomotora que xogan os EUA pode ser substituído por grandes potencias emerxentes.
A razón principal que explicaría, pois, a caída dos mercados e o medo a recesión nos EUA, pero tamén en Europa. As voces de alarma soan cada vez con mais forza e os analistas mais optimistas dan unha probabilidade de recesión do 40% na economía norteamericana durante o ano 2008. Parece moi difícil que a podan evitar, a pesar dos esforzos da Reserva Federal coas continuas baixadas de tipos de xuro e o paquete de medidas fiscais presentado por George W. Bush que non recibiron de bo agrado os investidores. En concreto este paquete alcanzaría o 1% do PIB estadounidense, cando o mercado esperaba unha cifra considerablemente maior, para poder atallar definitivamente o medo a crise.
Unha recesión nos Estados Unidos tería graves consecuencias para economía mundial, en tanto en canto este país supón a cuarta parte do PIB do planeta. Nembargantes a diferencia de recesións anteriores o papel de locomotora que xogan os EUA pode ser substituído por grandes potencias emerxentes como China ou India que se moven en taxas de crecemento espectaculares. Ademais todos os prognósticos indican que a recesión non tería porque estenderse mais alá do 2008.