Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza-Norte de Portugal

CCOO demanda a participación activa dos traballadores na construción da Eurorrexión

Representantes do sindicato participaron en Braga nunha concentración para solicitaren unha maior implicación política no proceso.

Redacción - 10:50 19/01/2008

Con motivo da aprobación no Consello de Ministros deste venres do decreto que vai permitir a creación da Agrupación de Cooperación Territorial entre Galiza e o Norte de Portugal, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) realizou unha concentración este venres en Braga.

O obxectivo: demandar un maior impulso político e a participación dos traballadores na construción da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O secretario de Acción Sindical Internacional de CCOO, Xavier Dongil, considerou "imprescindíbel" ese compromiso político, así como a "participación activa dos traballadores, os principais interesados no proceso, mediante os seus representantes lexítimos: os sindicatos".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: