A Factoría Escénica Internacional representa a obra no Salón Teatro de Compostela o sábado 19 ás 20:30 horas e o domingo 20 ás 18:00 horas.
Con esta peza de teatro comprometido, a FEI convida a reflexionar sobre a lacra dos abusos sexuais a menores. A montaxe presenta dous menores que sofren abusos sexuais por parte dos seus pais, e amosa a natureza inconfesable deste delito e a horrorosa naturalidade e indiferenza con que a viven os agresores. O destino que comparten lévaos a encontrarse e xuntos tentan frear os malos tratos que sofren. Os dous menores serán capaces, a partir do mero feito de nomear as atrocidades, de romper o tabú que os afogou durante toda a infancia.
Con sede en Barcelona, a Factoría Escénica Internacional é unha plataforma orientada á creación, produción e difusión das artes escénicas contemporáneas.Carme Portaceli, directora do espectáculo, encargouse da adaptación do texto do autor alemán Thomas Jonigk e Marta Carrasco colabora como directora de movemento.