Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
No campionato estatal Open Máster de Inverno

Cen nadadores galegos, todos xuntos en Pontevedra

A cidade do Lérez vai ser a capital da natación estatal, entre os días 25 e 27 deste mes.

Redacción - 18:22 16/01/2008
Cartaz do Open

Cartaz do Open

Preto dun cento de nadadores galegos e galegas pertencentes aos clubes Máster Náutico de Vigo, Carballo, Pons Vetus, Coruña, Lalín, Riveira e o anfitrión Galaico-Sercoysa representarán a Galiza no Campionato Estatal "Open" Máster de Inverno, que se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de xaneiro en Pontevedra, no Complexo Deportivo Rías do Sur.

Esta é unha competición por clubes de categoría absoluta, onde participan todos os nadadores con idades a partir dos 25 anos, sendo aberto a deportistas doutros países.

Cada clube está composto por un número indeterminado de compoñentes, convertendo a participación na máis numerosa do calendario estatal (organizado pola Federación Española de Natación, RFEN), chegando até os 934 nadadores (604 homes e 330 mulleres) de 116 clubs, con representantes de Francia, Portugal, ou Polonia, ademais dos corpos técnicos e federativos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: