Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cabezas de lista o 9M

O cuarteto do PP para o Congreso: Erias, Pastor, Díez e Delgado

Antonio Erias, quen xa fora o escollido en 2004 despois de foguearse con pouco éxito nas municipais herculinas, encabeza unha lista pola Coruña sen cambios por arriba.

Redacción / EP - 09:00 16/01/2008

A incógnita ao respecto das listas que en Galiza presentará o PP nas eleccións xerais do próximo mes de marzo foi aclarada case ao completo. Finalmente, e malia que a perda dun escano pola evolución demográfica fará máis competidos os asentos, os de Rajoy optarían pola continuidade. De non haber cambios de última hora, os aspirantes a recuncar nos tres primeiros postos serán o coruñés Antonio Erias, a compostelá María Xesús Saínz e o ferrolán Arsenio Fernández de Mesa.

Para esas tres posicións valoráranse os nomes de Carlos Negreira, actual líder da oposición no Concello da Coruña e o compostelán Xerardo Conde Roa. Durante os últimos meses, o PPdeG tamén considerou a posibilidade de que o presidente provincial e ex alcalde de Ferrol, Juan Juncal, fose quen encabezase a lista. Finalmente, a falta de apoios entre a base do partido en toda a provincia, pecharíalle as portas a Juncal. Fontes populares indicaron que Juan Juncal "tiña ganas", pero que "espertou certos recelos" entre algúns sectores do partido, que dubidan da súa capacidade para arrastrar votos máis alá da bisbarra de Ferrolterra.

Por outro lado, a secretaria executiva de Política Social do PP, Ana Pastor, perfílase como primeira pola provincia de Pontevedra. Segundo revelaron a Europa Press fontes populares, o PPdeG vaille propoñer formalmente a Mariano Rajoy que Ana Pastor repita como número un na provincia pontevedresa, despois de que se despexasen as dúbidas sobre o número dous na candidatura de Madrid, posto para o que o PP elixiu o ex presidente de Endesa, Manuel Pizarro.

Así, o voceiro do PP en Lugo e actual deputado na Cámara baixa, Xaquín García Díez, será a única novidade dos populares nos cabezas de cartel, ao encabezar a lista nesta provincia. En Ourense repetirá a candidatura Celso Delgado.


1,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: