Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Ríos en venda

Novo intento de Iberdrola por furar o canón do Sil

Logo dun primeiro intento o ano pasado denunciado por ADEGA e rexeitado polo Ministerio de Medio Ambiente, Iberdrola "contraataca" con un proxecto similar (Santo Estevo II) para construir unha central hidráulica soterrada no Sil. Iberdrola teima en furar o macizo granítico da marxe esquerda do río, facer unha caverna e quilómetros de túneis para turbinar a auga nunha central baixo o macizo. Contra o que poidera parecer, unha central soterrada non evitará o enorme impacto que provocarán 5 anos de obras na morfoloxía e a diversidade natural do canón do Sil. Hai quen segue crendo ter "dereito de pernada" sobre o noso patrimonio natural.

ADEGA - 19:00 15/01/2008
Tags:

É absolutamente delirante pretender furar un macizo granítico sin causar un impacto brutal tanto na fauna como na flora, alén da paisaxe dun dos espazos emblemáticos e de maior valor natural do país. Alén disto, a captación de agua prevese ao lado da toma que fornece ao actual encoro de Santo Estevo, prolóngase varios kilómetros baixo terra, turbínase e devólvese ao Sil cuxo caudal queda deste xeito convintemente "laminado", segundo a empresa. E a construcción dos novos accesos, con carácter permanente, nunha zona virxe deturparía para sempre os canóns do SIL, LIC da Rede Natura 2000, e foco de atracción turístico internacional.

  ADEGA pide á Confederación Hidrográfica, dependente do Ministerio de Medio Ambiente que "lamine" estes delirante proxecto, exemplo de insustentabilidade, e teña en conta a lei de Defensa dos Ríos Galegos, aprobada por unanimidade logo dunha ILP no Parlamento de Galiza. A Xunta e o Ministerio deben mandar unha mensaxe clara ás empresas que como Iberdrola, tentan vender "enerxía verde" en Madrid a costa da desfeita do noso patrimonio natural. Non é de recibo que debido á falla de compromiso das Confederacións Hidrográficas coa conservación dos nosos ríos (por veces actúan máis como organismos tramitadores de concesións) e á descoordenación entre Xunta e Ministerio, as empresas enerxéticas sigan tentando "colar" en Galiza ducias de proxectos aberrantes coma este.
  Rematou o "colonialismo enerxético" e a privatización dos nosos recursos naturais: OS NOSOS RÍOS NON ESTÁN EN VENDA!


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: