Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo da denuncia do Movemento polos Dereitos Civís

O Valedor estuda as queixas polo mal uso da videovixilancia en Lugo e Ourense

Os concellos de Lugo e Ourense instalan cámaras sen contar con permisos para facelo.

Redacción - 09:00 14/01/2008

En Galiza só os concellos d'A Coruña e Santiago dispoñen de autorizacións para a instalación de cámaras de videovixilancia, malia que non por iso deixou de ser polémica a súa colocación e froito de queixas na oficina do Valedor.

No caso do Concello de Lugo, o Valedor do Pobo aceptou a queixa presentada polo Movemento polos Dereitos Civís tras a negativa do equipo de goberno a informar sobre a petición trasladada por este colectivo para evitar colocar as cámaras nas zonas de lecer públicas. Dende o MpDC xa se destacara que os principais prexudicados pola aplicación desa medida serían os nenos e nenas que habitualmente utilizan os parques infantís, "uns cidadáns que contan cunha especial protección dos dereitos recollidos no artigo 18 da Constitución, e que deste xeito se verían vulnerados todos os días".

"De igual modo, tampouco se dan os principios de idoneidade e proporcionalidade para a instalación das cámaras, xa que existen outros sistemas para lograr os mesmos obxectivos e que se perfilan máis eficaces e respectuosas cos dereitos dos cidadáns", sosteñen desde o colectivo.

Do mesmo xeito, o Valedor do Pobo aceptou unha queixa presentada pola agrupación contra o Concello de Ourense por negarse a informar sobre o "uso indebido" das cámaras de tráfico. A asociación denunciou a "utilización fraudulenta" das cámaras de tráfico en Ourense xa que, segundo denuncian, "eran tamén empregadas como cámaras de control cidadá" e, máis concretamente, acusaron ao goberno municipal de "empregar as imaxes obtidas a través deste sistema para a detención dunha persoa". Segundo sinalan desde o MpDC, a normativa vixente sobre cámaras de seguridade en espazos públicos "obriga a cumprir cos principios de proporcionalidade e idoneidade", para o que é necesario que unha Comisión de Garantías de Videovixilancia "autorice previamente a instalación".


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: