Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MENOS DE DOUS MESES PARA AS ELECCIÓNS

PPdeG e BNG presentarán os seus candidatos o día 26

O Bloque celebrará a súa convención electoral, na que presentará o seu programa e candidatos. E o PPdeG fará o mesmo, coa presenza en Compostela de Rajoy.

Redacción - 15:03 13/01/2008

Arrinca a campaña para as eleccións xerais do 9 de marzo. Este domingo o PSdeG-PSOE presentou os seus candidatos, e PPdeG e BNG farano o vindeiro sábado 26 en Compostela. A Convención Electoral Nacional do BNG terá lugar ás 6 da tarde no Palacio de Congresos de Galiza e servirá para presentar os candidatos da formación, que serán aprobados polo Consello Nacional a vindeira fin de semana, así coma o programa electoral.

0 candidato ao Congreso pola provincia da Coruña por parte do BNG, Francisco Jorquera, mostrouse hoxe confiado nunha entrevista concedida á Radio Galega en que o Bloque logrará nas próximas eleccións autonómicas un "resultado sensiblemente mellor" que hai catro anos e destacou que as forzas nacionalistas "xogarán un papel decisivo na gobernabilidade o Estado".

O PP aspira a gañar un deputado en Pontevedra
Ese mesmo sábado 26 o PPdeG realizará un acto político en Compostela para presentar os seus candidatos, no que participará Mariano Rajoy. O secretario xeral dos populares galegos, Alfonso Rueda fixou o obxectivo do seu partido en acadar un escano máis en Galiza, aumentando a súa representación en Pontevedra e mantendo os resultados de 2004 das restantes provincias.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: