Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BALANCE DOS DOUS PRIMEIROS MESES

O Banco de Terras recuperou 4.500 leiras improdutivas

O obxectivo é dispoñer de cen mil hectáreas en catro anos.

Redacción - 14:18 13/01/2008

O Banco de Terras logrou, a só dous meses da súa posta en marcha, rescatar do abandono 4.500 leiras que estaban incultivadas a pesar da súa utilidade agraria. Desta forma, recuperan a súa produtividade baixo un réxime de aluguer --non superior a 30 anos nin inferior a cinco-- e permite aos propietarios que os seus terreos deixen de estar a monte, mentres que agricultores e gandeiros redimensionen as súas explotacións para facelas máis rendibles a un prezo medio de arrendamento 134 euros por hectárea.

Con todo, estas 4.500 leiras recuperadas do abandono --dos 13 millóns de parcelas cos que conta Galicia-- supoñen 3.500 hectáreas das 200.000 a monte que rexistra Galicia, o 70% do seu terreo agrario útil. Medio Rural prevé ampliar estas 3.500 hectáreas a 100.000 nos próximos catro anos. Para iso, intensificará a súa campaña informativa e confían nos resultados do "boca a boca dos beneficios" que realizarán propietarios e arrendatarios ao que convenceron as medidas "garantistas" do Bantegal.


4,92/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: